nestes intres xa estamos mergullados na grabacion do noso segundo traballlo e en breve xa estamos cerrando fechas de concertos cara as navidades dos que vos daremos conta deles.
O longo da nosa vida estamos afeitos a que os nosos antergos dende sempre e atao de agora loitasen pola dignificación da gaita galega, e a figura do gaiteiro non coma un animador de festas sinxelamente, senón coma: MÚSICO.
Na actualidade o noso instrumento nacional está a pasar por unha etapa de gran esplendor e na que se recuperaron os seus valores reais , e o seu recoñecemento social nos que están garantidos o seu ensino , e o seu espallamento , mais ala de Galicia.
Despois da posible introducción da gaita galega nos conservatorios do noso país isto fai, que estemos a asistir a unha continua creación dun novo repertorio para nosa gaita acompañada por todo tipo de instrumentos musicais coma ; piano, arpa trompeta , clarinete etc, ou por formacións musicais coma: bandas de música, ou mesmo orquestas.
Este, é un espazo onde se vai dar cita a música tradicional e a música academica para gaita galega do século XXI, Que polo de agora só tiña cabida en algunhs consevatorios no que se potencia os seus creadores e aos novos interpretes.
Este proxecto quere dar continuidade a unha idea nacida polo ano 1960 no que en marin aparece a primeira academia de gaita , co posterior nacemento de o grupo” os de marin” os cales foron os primeiros gaiteiros de academia de música, i no cal o seu mestre:D.Francisco Landin Pazos, quixo que a gaita, fose un instrumento o cal a xente disfrutase do seu son e do seu espectáculo, coma se dun concerto de música clásica se tratara.