Quodlibet ( Gaita + Piano )

 Combinación artística da música tradicional coa académica, protagonizada polo instrumento clave das nosas romarías: a gaita acompañado dun extraordinario e completo amigo coma o Piano.

Asi  é como se define este duo de gaita e piano que se forma en maio do 2011 , coa  posta en funcionamento do seu proxecto MIXTURA .

Mixtura entre clásico e tradicional cunha  soa finalidade  de entender a música.

¿Quen somos?

Unha mixtura innovadora de músicos; Andrea García González (pianista),Felipe Rea Otero (gaiteiro) que coincidimos na posta en marcha deste proxecto coa idea de ofrecer un espectáculo musical cargado de connotacións históricas e formativas ó longo da popularidade dos instrumentos que protagoizan a nosa exposición tradicional; espectáculo, que polo de agora só tiña cabida nalgúns consevatorios nos que se potencia ós seus creadores e ós novos interpretes.

¿que ofrecemos?

Un concerto, dunha hora e media de duración aproximadamente na cal de forma amena unha gaita, en primeira persoa, relata a historia da súa vida, en compaña  dun piano.

Historia na que se combinan formas musicais pertencentes ó folclore e pezas de repertorio actual e de autor; de aí sae o nome do proxecto: mixtura.

Contexto histórico:

Ó longo da nosa vida estamos afeitos a que os nosos antergos, dende sempre  e ata o  de  agora  loitasen  pola dignificación da gaita galega, e a evolución da figura do gaiteiro non coma un animador de festas sinxelamente, senón coma: músico.

         Na actualidade o noso instrumento tradicional está a pasar por unha etapa de gran esplendor na que se recuperaron os seus valores reais, se incrementou o recoñecemento social e se garantizou o seu ensino, e o seu espallamento, mais ala de galicia.

Despois da posible introducción da gaita galega nos conservatorios do noso pais isto fai, que esteamos a asistir a unha continua creación dun novo repertorio para a gaita acompañada por todo tipo de instrumentos musicais coma: piano, arpa  trompeta, clarinete  etc, ou por formacións musicais coma: bandas de música, ou mesmo orquestas.

Dende Maio Quodlibet ven realizando concertos polas distintos pobos e  ciudades Galicia , e en festivais da comunidade autónoma.

A sua posta en marcha a pesares de ser unha formación de recente creación està tendo moita aceptación, xa que ANDREA GARCÍA GONZÀLEZ, E FELIPE REA OTERO, son músicos con unha dilatada experiencia e formación musical .

 

En Quodlibet os temas interpretados son case todos tradicionais con arranxos de Quodlibet, e tamen de autores tanto contenporáneos e de propia autoría.

 

A Ghaita do avó ( Música tradicional )

 

O grupo de musica tradicional a ghaita do avó formase o 30 de setembro de1987 no Concello de Marín, coa fin de recuperar, conservar e trasmitir o folclore galego.

Falar de folclore é falar tamén de cultura, de intenso arraigo popular, de tradicións que compre,  máis que nunca,  preservar.

As  músicas , danzas e bailes ocupan un lugar destacado dentro do conxunto das tradicións populares, son estes tres os máis expresivos elementos do carácter propio dun pobo.

O noso facer máis que un espectáculo musical é unha mostra cultural con valor etnográfico, pois todolos temas que interpretamos son froito da investigación e o traballo de campo dos seus compoñentes.

Os compoñentes  de  a ghaita do avó son afeccionados ainda novos que empregan o seu tempo libre en desenvolver unha intensa actividade cultural.

A cultura en galicia, tal e como demostra a historia, non se mantivo unicamente gracias os libros, arquivos e museos, sobreviviu gracias ó que se da en chamar a tradición oral, por mor da que cousas como a nosa lingua, lendas, tradicións, costumes e mesmo supersticións se mantiveron ó longo dos  séculos conformándonos ós galegos, hoxe, tal e como somos dándonos a nosa identidade.

A identidade cultural dun pobo exprésase tamén por medio dos seus bailes, coplas, cultura urbana e a desrularización supoñen para o detrimento de todos estes elementos, decidirón unirse nun grupo de música tradicional a ghaita do avó coa intención de recoller o facho dos nosos maiores, da Galicia artesá labrega e rural, que vai camiño de desaparecer polo simple feito de algo tan cotián como escoitar ós vellos e aprender deles.

 Para a maioría dos nosos xoves “es un completo rollo”.

Os menbros fundadores do grupo tiñan ben claro o que querían facer: “recopilar toda esa serie de cancións, pezas musicais, danzas, xogos e vestiario que dera esa Galicia de antes, por medio dun riguroso traballo de investigación, tanto de documentación en arquivos e museos como a través de desplazamentos  “en situ” a zonas concretas da nosa xeografía. Xa que logo, somos un grupo de investigación e reprodución de folclore tradicional galego, o máis rico e curioso da nosa Península o noso entender.

A este traballo é o que máis tempo lle dedican o longo do ano. O paso inicial e o de enterarse dos lugares, parroquias ou aldeas nos que se celebren festas de raigame, (magostos, segas, serans…..) por medio dun contacto, xeralmente un amigo ou  coñecido, que se encarga de levarnos ata alí e introducirnos no “ meollo. “

O problema do folclore actual está en que o acabarse as faenas en común no campo, rematou todo iso, morreu.

Estas xuntanzas soían facerse un par de veces por semana, logo había outras que se organizaban mesmo cando se estaba a traballar para facer o traballo máis levadeiro.

O noso facer máis que un espectáculo musical é unha mostra cultural con valor etnográfico, pois todolos temas que interpretamos son froito de investigación e do traballo de campo dos seus compoñentes. De calquera xeito este non é unha laboura egoísta, o feito de podelo mostrar por medio das nosas actuacións, o recoñecemento e alento que obtemos do público, son a nosa meirande motivación para continuar nesta liña de traballo.

A nosa dilatada andaina no mundo da música tradicional levounos a case que todolos pobos de galicia , meirande parte de España ,y algo de Portugal e Francia. Chegando así a compartir esceario con grupos da talla de :   Ansar ,astarot , berrogüetto e  Avelaiña entre outros.

Tamén son algúns os premios acadados polo grupo no apartado de música tradicional: 4º premio Ponteareas 96, mellor grupo de acompañamento vigo 2000,concurso de música e baile tradicional e Bandeira 2004,2005, mellor grupo de acompañamento, concurso de música e baile tradicional entre os mais destacados.