Música por encargo " Música a la carta "
como xa hai un bo tempo que estou a recibir encargas de composicións,
decidín facelo público nesta páxina.
estas son as condicións:
· A música encargada será de libre uso polo cliente (execución, gravación,
edición ou divulgación de calquera xeito)
· Os dereitos de autor pertenecerán sempre ó compositor.
· O autor comprométese a non divulgar a obra perante un período de dous anos
a partires da data de composición.
· O pagamento farase efectivo na entrega da partitura (en papel), adxuntando o autor
unha copia en pdf e un arquivo MIDI da mesma.
Este material poderá ser entregado en man ou por correo ordinario.
Prezos:
-Música para gaita solista (sen incluír a escrita da percusión) 75 €
-Música para gaita, dúo ou banda de gaitas (sen incluír a escrita da percusión)
Cun máximo de catro partes (2-3 páxinas aproximadamente): 150 €
-Música dunha duración similar para calquera formación, cun máximo de dez
Instrumentos na súa plantilla: 300 €
Para calquera información adicional quedo a disposición no meu correo electrónico: ghaiteirodeestribela@gmail.com
Ou no teléfono 689.239.870