Quodlibet

 Combinación artística da música tradicional coa académica, protagonizada polo instrumento clave das nosas romarías: a gaita acompañado dun extraordinario e completo amigo coma o Piano.

Asi  é como se define este duo de gaita e piano que se forma en maio do 2011 , coa  posta en funcionamento do seu proxecto MIXTURA .

Mixtura entre clásico e tradicional cunha  soa finalidade  de entender a música.

¿Quen somos?

Unha mixtura innovadora de músicos; Andrea García González (pianista),Felipe Rea Otero (gaiteiro) que coincidimos na posta en marcha deste proxecto coa idea de ofrecer un espectáculo musical cargado de connotacións históricas e formativas ó longo da popularidade dos instrumentos que protagoizan a nosa exposición tradicional; espectáculo, que polo de agora só tiña cabida nalgúns consevatorios nos que se potencia ós seus creadores e ós novos interpretes.

¿que ofrecemos?

Un concerto, dunha hora e media de duración aproximadamente na cal de forma amena unha gaita, en primeira persoa, relata a historia da súa vida, en compaña  dun piano.

Historia na que se combinan formas musicais pertencentes ó folclore e pezas de repertorio actual e de autor; de aí sae o nome do proxecto: mixtura.

Contexto histórico:

Ó longo da nosa vida estamos afeitos a que os nosos antergos, dende sempre  e ata o  de  agora  loitasen  pola dignificación da gaita galega, e a evolución da figura do gaiteiro non coma un animador de festas sinxelamente, senón coma: músico.

         Na actualidade o noso instrumento tradicional está a pasar por unha etapa de gran esplendor na que se recuperaron os seus valores reais, se incrementou o recoñecemento social e se garantizou o seu ensino, e o seu espallamento, mais ala de galicia.

Despois da posible introducción da gaita galega nos conservatorios do noso pais isto fai, que esteamos a asistir a unha continua creación dun novo repertorio para a gaita acompañada por todo tipo de instrumentos musicais coma: piano, arpa  trompeta, clarinete  etc, ou por formacións musicais coma: bandas de música, ou mesmo orquestas.

 

 

Dende Maio Quodlibet ven realizando concertos polas distintos pobos e  ciudades Galicia , (Marin , Pontevedra, valga,ourense……etc), e en festivais da comunidade autónoma(XXV aniversario de los ALEGRES, festival folk BEARIZ…….etc).

A sua posta en marcha a pesares de ser unha formación de recente creación està tendo moita aceptación, xa que ANDREA GARCÍA GONZÀLEZ, E FELIPE REA OTERO, son músicos con unha dilatada experiencia e formación musical .

 Andrea Garcia González(Piano)

Nace en Ferrol en 1986 e comeza os seus estudos musicais á idade de 7 anos na Escola de Música Yamaha, e en 1994 entra no Conservatorio profesional de música de Ferrol, onde realiza os seus estudos de grao elemental e medio, co profesor Genaro Fernández. En 2005 accede ao Conservatorio superior de música da Coruña, estudando cos profesores Reyes Rei e José Manuel Yánez.

Recibiu clases de profesores do talle de Vladimira Smausova, Ricardo Descalzo, Iván Cítera, Madalena Soveral, Almudena Cano, José Ramón Méndez Menéndez, Eldar Nebolsin, Andrej Pikul, Claudio Trovajoli, Olga Semúshina, entre outros.

En xaneiro de 2003 entra a formar parte do Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia, co que actuou por diferentes escenarios da xeografía española e portuguesa. Cantou baixo a batuta de directores do talle de Victor Pablo Pérez, Christopher Hogwood, James Ross, Rubén Gimeno, Joan Company, Marcelo Panni, Jose A. Trigueiros, Vasily Petrenko, Fabio Bonizzoni, Alberto Zedda, e acompañada por orquestras como a Sinfónica de Galicia, a Real Filharmonía de Galicia, a JONDE, a OJSG ou La Risonanza. Durante este tempo recibiu clases de canto de Dores Bosom, José Antonio Campo, Borja Quiza, Santiago Caldeirón e Yolanda Montussé. En 2008 é seleccionada como contralto solista para o ciclo de concertos Mozart en Xira. Completa a súa actividade coral colaborando con formacións como Madrigalia, Cantabile ou Musica antiga e ultreia.

En 2005 gaña o primeiro concurso de solistas do conservatorio profesional de música de Ferrol e en Marzo de 2009 é seleccionada para tocar como solista coa orquestra do conservatorio superior de música da Coruña. Ademais colaborou coa Orquestra Gaos e a Nova Orquestra Nacional de España (JONDE). Ao mesmo tempo exerce unha actividade concertística, tanto de música de cámara coma de solista, por diferentes escenarios da xeografía galega.

En outubro de 2009 recibe unha bolsa ERASMUS para estudar na Amuz z Krakowie coa profesora Romana Podzadecka.
En xullo de 2010 supera as probas da Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo (ESMAE) de Porto para estudar un máster de interpretación pianística, coa profesora Madalena Soveral, de quen recibe clases na actualidade.

Felipe Rea Otero

Nace en Estribela no ano 1974 , sempre amosou un grande interese pola música e dun xeito moi especial pola galega Na actualidade combina a súa faceta de músico nos proxectos mixtura e o grupo de música tradicional a ghaita do avo coa de mestre de gaita galega.

Dende moi novo empeza o estudo de gaita e música da man de Rogelio Rodríguez ( gaita) e Lorenzo Gago (música ), pasando máis tarde a ampliar o seu estudo de gaita con Francisco Landín Pazos e pasando a formar parte da agrupación folclórica Trompos ós Pés, realizándose máis tarde como gaiteiro solista  co grupo Gandaina .e cursa a modalidade de gaita no conservatorio profesional de vilagarcia.

Na súa carreira coma músico tradicional son moitas as colaboracións con outros grupos e asociacións como Celme,Centenario, Retrouso …Tamén son moitas as colaboracións con grupos de todo tipo de música como Ansar, Abelaiña,, etc.

Ó longo da súa vida musical imparte cursos de gaita en moitas asociacions galegas e tamén por toda a xeografía española, polas distintas casas de Galicia, nas que vai enrepresentación da Xunta de Galicia.

 

Felipe Rea dedica moitas horas de lecer a investigar, falar cos maiores de aldea en aldea, buscando na súa memoria melodías, lendas, contos, xogos ou case que todo o referente coa nosa tradición ou costumes, que forman parte dun legado que non debemos esquecer. Na actualidade está mergullado nun traballo sobre a vida e obra de Francisco Landín Pazos e “Os de Marín” o cal espera que vexa a luz pronto.

Como gaiteiro ten participado en certámenes e concursos sendo finalista nos seguintes:

1996 - 2º premio de gaiteiros solistas “O PEDRÓN “ Padrón.

1997- finalista do VII certame de música folk de Galicia .

1997- finalista no 30º concurso de gaitas de Ponteareas.

1998- finalista no 31º concurso de gaitas de Ponteareas.

2002- 3º premio gaiteiros solistas “CANTIGAS E AGARIMOS “

2005- 1º premio o mellor grupo de acompañamento no concurso de baile e música

tradicional de Bandeira.

•2011-1º premio no concurso de cantares de taberna co grupo A GHAITA DO AVÓ  en Melide.

•2011- 3ºclasificado no concurso de gaiteiros solista de Xacarandaina a Coruña.

 

Cómpre destacar a súa faceta de compositor, sendo grupos de gaitas e bandas

galardoados con diferentes premios interpretando a súas pezas, tales como:

Rumba de Estribela, Alborada para César Sampedro, A Cabuxa, A Marreta, Na fonte do Arrabalde, ou

mesmo a composición musical para trompeta e gaita “NAUFRAXIO “ emitida nun documental de TV,

E recentemente foi grabada a peza POLKA RUMBA PARA PICUIÑA , para un anuncio publicitario do comercio de marin , encargada polo  concello, e tamén foi premiada con un 5ºpremio en ponteareas a sua peza musical PARA VIQUI.

Agora mesmo esta e a faceta mais importante na que esta involucrado polo que e demandada a sua música de tódalas partes da xeografía española.

 

En Quodlibet os temas interpretados son case todos tradicionais con arranxos de Quodlibet, e tamen de autores tanto contenporáneos e de propia autoría.