O longo da nosa vida estamos afeitos a que os nosos antergos dende sempre  e atao  de  agora  loitasen  pola dignificación da gaita galega, e a figura do gaiteiro non coma un animador de festas sinxelamente, senón coma: MÚSICO.

 
Na actualidade o noso instrumento nacional está a pasar por unha etapa de gran esplendor e na que se recuperaron os seus valores reais , e o seu recoñecemento social nos que están garantidos o seu ensino , e o seu espallamento , mais ala de Galicia.
Despois da posible introducción da gaita galega nos conservatorios do noso país isto fai, que estemos a asistir a unha continua creación dun novo repertorio para nosa gaita acompañada por todo tipo de instrumentos musicais coma ; piano, arpa  trompeta , clarinete  etc, ou por formacións musicais coma: bandas de música, ou mesmo orquestas.
 
Este, é un espazo onde se vai dar cita a música tradicional e a música academica para gaita galega do século XXI, Que polo de agora só tiña cabida en algunhs consevatorios no que se potencia os seus creadores e aos novos interpretes.
Este proxecto quere dar continuidade a unha idea nacida polo ano 1960 no que en marin aparece a primeira academia de gaita , co posterior nacemento de o grupo” os de marin” os cales foron os primeiros gaiteiros de academia de música, i no cal o seu mestre:D.Francisco Landin Pazos, quixo que a gaita, fose un instrumento o cal a xente   disfrutase do seu son e do seu espectáculo, coma se dun concerto de música clásica se tratara.