Felipe Rea Otero

 

Nace en Estribela no ano 1974 , sempre amosou un grande interese pola música e dun xeito moi especial pola galega Na actualidade combina a súa faceta de músico nos proxectos mixtura e o grupo de musica tradicional a ghaita do avo coa de mestre de gaita galega. Dende moi novo empeza o estudo de gaita e música da man de Rogelio Rodríguez ( gaita)e Lorenzo Gago (música ), pasando máis tarde a ampliar o seu estudo de gaita con Francisco Landín Pazos e pasando a formar parte da agrupación folclórica Trompos ós Pés, realizándose máis tarde como gaiteiro solista  co grupo Gandaina .e cursa a modalidade de gaita no conservatorio profesional de Vilagarcía.

Na súa carreira coma músico tradicional son moitas as colaboracións con outros grupos e asociacións como Celme,Centenario, Retrouso.Tamén son moitas as colaboracións con grupos de todo tipo de música como Ansar, Abelaiña,, etc.

Ó longo da súa vida musical imparte cursos de gaita en moitas asociacións galegas e tamén por toda a xeografía española, polas distintas casas de Galicia, nas que vai en representación da Xunta de Galicia. Felipe Rea dedica moitas horas de lecer a investigar, falar cos maiores de aldea en aldea, buscando na súa memoria melodías, lendas, contos, xogos ou case que todo o referente coa nosa tradición ou costumes, que forman parte dun legado que non debemos esquecer. Na actualidade está mergullado nun traballo sobre a vida e obra de Francisco Landín Pazos e “Os de Marín” o cal espera que vexa a luz pronto.Como gaiteiro ten participado en certámenes e concursos sendo finalista nos seguintes:

•1996 - 2º premio de gaiteiros solistas “O PEDRÓN “ Padrón.

•1997- finalista do VII certame de música folk de Galicia .

•1997- finalista no 30º concurso de gaitas de Ponteareas.

•1998- finalista no 31º concurso de gaitas de Ponteareas.

•2002- 3º premio gaiteiros solistas “CANTIGAS E AGARIMOS “

•2005- 1º premio o mellor grupo de acompañamento no concurso de baile e música tradicional de Bandeira.

•2011-1º premio no concurso de cantares de taberna co grupo A GHAITA DO AVÓ  en Melide.

• 2011-3ºclasificado no concurso de gaiteiros solista de Xacarandaina a Coruña.

Cómpre destacar a súa faceta de compositor, sendo grupos de gaitas e bandas galardoados con diferentes premios interpretando a súas pezas, tales como: Rumba de Estribela, Alborada para César Sampedro, A Cabuxa, A Marreta, Na fonte do Arrabalde, oumesmo a composición musical para trompeta e gaita “NAUFRAXIO “ emitida nun documental de TV, e  recentemente foi grabada a peza POLKA RUMBA PARA PICUIÑA , para un anuncio publicitario do comercio de Marin , encargada polo  concello. Agora mesmo esta e a faceta mais importante na que esta involucrado polo que e demandada a sua música de todalas partes da xeografía española.

Etiquetas

La lista de etiquetas está vacía.

Historia del proyecto

En esta parte puedes describir la historia del proyecto y explicar las razones para su creación. Es conveniente mencionar los hechos memorables del proyecto y reconocer el mérito de la gente que participó en él .