Nesta formación en solitario Felipe Rea amósanos un percorrido polas melodías galegas tradicionais dende a principios do século pasado ata os máis recentes compositores e obras máis contemporáneas. No proxecto reflíctense os distintos estilos do toque en Galicia, a xeografía da música galega.